domingo, 23 de agosto de 2009

a chegada dos libros

recibo A OLLADA DE ASTARTÉ (espiral maior poesía) e VERSOS DE PERRA NEGRA (sial), dous libros de salceda e disfruto PURAmente da ledicia das palabras. filla de galegos emigrados esta muller de acento catalá é unha das poetas que máis me gustan. teño que escribir disto nalgún momento. teño que escribir que perdín o seu poemario que tanto me gustara nunha noite de rarezas, que a coñecín xunta súa filla desmadexando o fío de ariadna, que a vin baixo unha luz tan verde coma as dos duendes e que sentín moita envexa por atopares que pule uns versos tan parellos aos meus. atopámonos nos mares online e botámonos algún que outro salvavidas oral. é iso o que ten a ermandade.

recibo ademáis unha pila de libros de baile del sol a modo de dereitos de autor: un par de exemplares das 23PANDORAS que xa regalei, LA VIDA DESPUÉS de marina sanmartín, BLUES Y OTROS CUENTOS de iñaki echarte, TORTUGAS ACUÁTICAS y TODO ES MENTIRA EN LAS PELÍCULAS de roxana popelka, PENA CAPITAL de vicent camps, LAS NUBES de josé blanco e LOS BARCOS DE DAMIÁN de armando rivero. aínda non teño os que pedín de David González có que falei o martes e có que sempre me gusta tanto falar...

levo unha semana de chamadas e entrevistas. levo unha semana perdendo o tempo, tentando contentar a todo o mundo e disfrutar do meu a.v. (amor de verán). teño que corrixir galeradas, refacer o meu dvd, gravar o vídeo da antoloxía e da presentación, preparar o recital de ribadavia, preparar o da feira SILA de canarias e o de outubro na SALA MARTE de sala-manca. teño que ir á praia para non perder o moreno e seguir un pouco con esta terapia antiblogue.

No hay comentarios: