sábado, 26 de febrero de 2011

Vuk no Luces, EL PAÍS (25/II/11) + Yo Dona, EL MUNDO (26/II/11).

Nesta semana presentabamos as dúas antoloxías Viscerales (Ed. del viento) o martes 22 na Fnac de Callao e onte venres 25 na Casa do Libro Beatitud (Ed. Baladí), á que non puiden achegarme por problemas gástricos de última hora... Tamén foi onte cando facía unha pequena aparición, casi coma un suspiro, na reportaxe do LUCES de EL PAÍS "Literatura.net" que asinaba Xosé M. Pereiro; hoxe
xa é algo de ar no peito coas "Nuevas Diosas Blancas" YO DONA de EL MUNDO , segundo a ollada de Álvaro Colomer (este link leva á páxina de David González que ademáis de aparecer reseñado no artigo púxolle máis agarimo ca revista ao escanear as follas e subilas á rede; seguro que mo diría miña nai: "Pensas que a poesía é máis interesante ca moda? Ay, neniña, que equivocada estás!").
Volvemos entrar na órbita... nunha nova nave de palabras e imaxes.
Escribo, non me culpedes por afastarme un pouco do mundo.

4 comentarios:

tormenta dijo...

Del yo dona(había escrito "yo dono" sin darme cuenta) sólo he visto las fotos, pero el repor de El País me parece muy interesante.
Es cierto que en Internet está más arragiada la recreación que la creación. Eso es niebla. Ruido. Puf...mucho ruido.

arguellesacero dijo...

Te voté para lo de URBAND.
Suerte (o mierda).

Lobo dijo...

poeta¿?

Lobo dijo...

Poeta¿?