Hoxe non é vernes
formo parte dunha lista que me peta o ordenador con cancions os vernes… Son descubrimentos e pequenos mails de xente que non coñezo e á que imaxino. Está moi ben isto de que che fagan chegar cancións e pequenas historias…
Rematei as animacións.
A miña mente segue a viaxar. Pensando miniseries, formatos… A cousa é non parar… Pero mentres non teña os dereitos de Cunqueiro pois non podo seguir adiante…
O 28 de maio: estreno: http://www.thecardenioproject.com/
“¿te sugiere algo?” é o que late na peza.
O 4 de xuño: 2ª función (polo de agora).
E xa teño data para a presentación oficial do meu libro
GUERRA DE IDENTIDAD
9 de xuño
no Instituto Cervantes.
10 de xuño: La Casa del libro en VIGO
e nesa semana minixira galega.
Deixei o cruceiro...
8 de maio. Esta vez a culpa é miña por tardar tanto tempo. Veu visitarme un amigo, estiven en Galicia polo día da nai, vin á miña avoa e xa voltei. Ensaiei e tiven a primeira sesión de rodaxe do capítulo 5 de LEX. A verdade é que o personaxe é simpático. Coñecín a Nathalie Poza, Pau, Santi Millán, Roberto San Martín… Traballei con eles! Comedia de situación e inda por riba saín da rodaxe cun afloramento primaveral do copón…
Hoxe chove e a cousa xa cambia. As hormonas deixan de foder.
Penso que, as veces, isto de ter que facer ficción é verdadeiramente curioso e non sabes o que queda en ti das personaxes que interpretas… Non distinguir realidade de soño:
as pegadas das analoxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario