estiven na miña terra mollando os pés
baixo unha chuvia que non me amolaba
estiven no V festival de Cans
e sobrevivín
bebín, fumei e bailei
vin boas curtas
escoitei palabras sabias
coñecín recoñecín
atopei e reatopei moitas caras
moitos feelings
fixen frikadas e rin coma unha tola
facía tempo que non bailaba
en trance coa natureza
de volta na cidade dos homes grises
só penso no sábado
celebrando o meu cumpreanos
na casa
o jlamur é o glamour da terra
e non sei qué foi
pero aínda me sinto feliz
No hay comentarios:
Publicar un comentario