teño na miña mente o cú dun negro que me volveu tola // xa non podo parar de pensar nesa cor / na cor marrón / no cú perfecto que viraba de tanta luz ao azul // teño a memoria física dun lunar dentro dos beizos grosos e doces que mordín coa luxuria propia dos momentos únicos // teño o cheiro da pel máis fermosa que xamáis tocara // teño a súa lembranza escura //
.
sí, é certo, decateime da verdade // non creo no amor // non creo no amor realizábel no tempo / só no platónico que perdura sempre / só no que marcha / no que ten data de caducidade // só creo no amor cando podo botalo de menos //
.
un músico que hoxe cumprirá 34 e que mide 1'90 / un músico americán / afroamericán / que toca ska / reggae / que tócame funk e hard (rock) / un músico from los ángeles, CA (coma os doors) / un artista de artes máxicas / di / que son unha muller perigosa // di / que está feliz de me ver despois de dous anos distantes / que lle gusta o meu olor que lle gustan os meus bicos que é incrible a nosa com-penetración // e di / tamén di / seica mentindo / "seems like you belong to me" / pero non me importa //
.
teño na miña mente o cú dun negro que me volveu tola / e só penso en como afastalo de min ou en coller un avión / en cruzar o charco e ter fillos altos e cremosos que levaría aos concertos e vestiría dun xeito extravagante // só penso no cú que apretei / nas tetas que acariciei / nas mans que amarrei / e que pasean por min unha e outra vez coa luz lámpara lúa de ikea //
.
"look at me" e os meus ollos mirábano cheos de bágoas de pracer // "look at me" e bicábame mentres chegábamos aos cinco orgasmos xuntos / e abríamos a fiestra para deixa-la suor un anaquiño / e ríamos / e tentábamos comprendermos //
.
non durmín máis que unha hora / e trá-la ducha deixeino envolto nas mantas da cama / marchando á obrigación // el ficaba na casa / e eu ía sorrindo polas rúas pensando tristemente na beleza do lunar dos beizos grosos / na beleza perfecta do seu cú case azul / en que só o volverei ver o ano que ven cando teña de novo un tour por europa ///
2 comentarios:
Fermoso, miña nena, moi fermoso...
Moito tempo sin saber de ti, desexo que estés ben linda...
Bicos, moito
E fermoso cú, polo que vexo...
Máis bicos neniña
Publicar un comentario