skype é un sky-pe / porque deixa que fuxas cara ó ceo / falar gratis con calquera país do mundo por medio do ordenador //
estiven falando unha hora con francia / unha hora coa incríble voz / do incríble cu / o cu americano que de tan negro viraba ó azul //
logo chama a miña nai ó teléfono da casa / e pide que lle conte / que entrou no meu blogue e que calo coma unha puta / pero que non me pase / que non lle dea moita envexa / di que estaría ben que sentara a cabeza / e eu dígolle que si / que non / dígolle o mesmo que no poema "que os tempos mudaron / que moitos homes tocaron a miña cousiña" e que non / que non nacín para amolala / que michael jackson / o único negro raro / morreu dun heart attack / e que obama é presidente / que se decate de "que os tempos mudaron" //
iso déixaa calma / e pregunta se "é guapo coma denzel washington? / ou... coma o que facía de ray charles?" / "que tamén era denzel washington, non si?" / eu fálolle de michael jordan / "ah, non, que ray era jamie fox" / e de aquel ligue adolescente / co que fora á prom / e que me compuxera aquela canción "oh, don't you leave me, Debbie!" //
falei unha hora / cun cadro de van gogh / co cadro do café e o acougo / cunha balea que fuma marihuana / cun volcán hawaiano de beleza creativa / un home que dependendo do día sería unha canción distinta / un home que hoxe só querería ser jazz para bailarme // que virá verme no outono / di que virá verme no outono / e pide que vaia velo a los ánxeles //
falei en inglés polo skype / sobre os panos de tea de outrora / e sobre os kleenex de agora / metáfora sobre o amor / co meu amor / un cu incrible / unha voz incrible / unha risa que me ataca directamente ó corazón //
como que non cho digo? / claro que che digo / pero entende, naiciña, que falar de cus ou de que só me gusta foder (con persoas especiais) é algo que non se fala cunha nai / que me canso deles / ou que se cansan de min / porque falando de cus / o meu non para //
enténdeme, naiciña / contareicho todo en persoa / (sen cables nin pantallas) / en carne e óso / aínda que queira evitarche os desgustos //
e si / seino / estou segura / vaiche encantar vir verme / á nosa casa en malibú / cos teus netos café con leite ///
2 comentarios:
El que hacía de Ray Charles no es Jamie Foxx?... independientemente de ese microdetalle el poema me parece una pasada.
Un abrazo
gracias, sonia... de hecho creía que no entraba bien en el texto pero al final lo he incorporado al poema. es por esto que molan los blogs!!! GRACIAS!
Publicar un comentario