martes, 16 de junio de 2009

viaxar no bus de vigo a MAD city

8h30 de viaxe en bus facendo parada en tódolos pobos e aldeas para recoller a viaxeiros cabróns que non se achegan ás cidades. curvas e xiros que me impiden o pleno disfrute da lectura (miss sharon olds e mái-lo poeta david gonzález). 8h30 casi 9 horas cun único filme de acción (X-MEN) en inglés con subtítulos en castelán, cando á ida emitiron 4 e de calidade! eu só pensaba nas pobres velliñas que dicían, "a miña radio está mal, escóitolles falar raro". de volta en madrid fai unha calor do demo. na viaxe puiden rematar os dous tremendos poemarios (El Padre / Sembrando hogueras, both edited by Bartleby) con algunha sorpresa de maquetación polo medio e comprobei na miña maldade que en benavente haiche moita xente con discapacidade psíquica (supoño que por coincidencia) mais ao mesmo tempo lembrei que tamén en benavente lira na porta do baño da estación uns versos de baudelaire. na chegada, os ollos dos que falaba viron puntualmente acompañados da voz que máis me presta: a da tranquilidade para o meu desacougo no parque fronte a miña casa.
mad-the-jocker-00.jpg
portada da MAD magazine

No hay comentarios: