hoxe teño cea de antigos alumnos, de xente compañeira ao longo de tres anos (1991-1993) dos 11 aos 14. vía facebook a nosa mestra púxose en contacto connosco e, mira ti que, hoxe atoparémonos algunhas daquelas pezas de barro que fomos e que agora son-somos figuriñas. dos 15 aos 30. teño algo de medo, debo recoñecelo. algo de medo por vérmonos as enrugas e os ventres, as alianzas e as calugas. non sei se vou aturar a felicidade allea. eu era (coido que) a primeira da clase e hoxe síntome un poco a derradeira da fila, leda, vivindo os límites, configurando a miña sorte, facendo equilibrios sobre a bohemia, a actriz, a poeta, pero tamén a que non sabe como vai pagar o aluguer de agosto.
.
4 de xullo. na miña mocidade sempre pasaba os veráns nos EE.UU. e ésta era das noites máis celebradas. sempre soltábamos petardos, e comíamos hot-dogs e hamburguesas e as host-families reuníanse e os rapaces xogaban polas rúas sen hora de chegada. celebrar a nación. non creo na hispanidade aínda que pareza unha idea fermosa, se case non nos entendemos se non o loitamos. a nosa festividade é o 25 de xullo, o día do apóstolo santiago pero hoxe son feliz polo meu cú favorito, o meu cú americán. obama é zurdo, michael pesaba 50 kilos e o meu músico está en bordeaux, un pouquiño máis preto de mín.
.
cea cós compañeiros, bandeira ianki, cú negro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario