sábado, 25 de julio de 2009

no día da patria galega...

fun o xoves cara a compostela saíndo en 6 páxinas da REVISTA DAS LETRAS do GALICIA HOXE, perdín a cámara* no concerto indie-punk da pérez&pérez 
mentres tocaban os Novedades Carminha, pasei a tarde, a noite e o mencer con monti e pato 
rindo e bebendo cervexa coma sedentos insomnes no garito exipcio sen música, atopeime con olalla cocinha, xes e rubén coca 
entre os bizarros, regaláronme uns descoñecidos uns cornos de diablesa e unha espada láser no tupperware, cantamos e bailamos cancións de elvis no garito de rockabillies hula pulula (ou algo así), 
descubrín un parque e un mar có can, corrixín a maior parte do libro de justo, fiquei un día máis sen durmir en santiago e veño de voltar a vigo, no DÍA DA PATRIA GALEGA saíndo nunha enquisa no suplemento CULTURAS da VOZ DE GALICIA. 
*só penso en como farei fotos agora que o meu precioso móvil de jordi labanda non ten calidade algunha. ésta é de gaelx coas verbas certeras de castelao.

1 comentario:

Marta dijo...

Unha das cousas mais grandes do pobo galego non só é o idioma, é tamén a maneira de falar, de facer vivo ese idioma. Eu vivín en Galicia cinco anos. Miña avoa era galega, de Lugo, e falaba un galego de aldea, un galego que soaba como a choiva no inverno. Plot, plot, plot. Sempre que falo galego, lembro a miña avoa. Falar galego é unha homenaxe ao pasado, á familia, á terra. É unha mostra de indentidade.
Eu son unha asturiana coa mitade do corazón galego.
Biquiños.