viernes, 21 de agosto de 2009

diario de una actriz #17 post proba

aínda estou cabreada comigo mesma e có mundo.
.
vigo. non puiden durmir ata as 3 da mañá. as 8h30 en pé pra a masaxe, media hora de dor. ducha. almorzo, perruquería (corte de pelo e maquillaxe), remato a maleta, pato recólleme e procura calmarme. santiago. eu non dou sináis de que quero berrar ou vomitar ata as 2. temo pola miña posible confusión te-cheísta nos obxectos directos-indirectos. por consello de mr. serious vou vestida casual: vaqueiros, camiseta con escote discreto, converse e chaquetiña enriba (a chupa de sempre e mái-lo coral que me regalara skinner na festa luau leveinos coma amuletos).
.
tvg. san marcos bando. non nos fixeron chegar separata algunha e déronnos probas específicas e diferentes a cada un media hora antes de entrar e logo cambiaron as cousas como lles petou.
.
cando chegamos puxéronnos a todas xuntas nunha sala agardando e tentando traballar aquel absurdo e cada dous por tres aparecía algunha da proba a falar coa connosco ou coa que chegara. imposible concentrarse deste xeito. pásannos antes da proba a unha sala con tele con son que amosa un docu cós monos do cu vermello.
.
puxéronme o micro no meu có que non podía sentar ben, o pinganillo polo que dábanme ordes sen parar e tiña ademáis que improvisar un texto mentres toleaba cós pilotos, os cambios de luz vermella das cámaras. así, sen comelo nin bebelo. e sen poder repetilo, e sen ensaio, veña, hala.
.
como é que logo de catro anos de estudios non son capaz de facer tres cousas ao mesmo tempo, pero si son muller! e actriz! hai tempo que deixei de crer que chegaría ser coma meryl streep pero o de devir a santísima trinidade nunca pensei que mo foran pedir e que non puidera acadalo. aínda estou cabreada comigo mesma e có mundo.
.
non hai entrenamento para estas cousas na escola de interpretación e tampouco son castings ben feitos porque non propoñen unha xornada de traballo real e non saben o que nos están a pedir. presentarnos, cambian o nome do programa xusto antes de comezar, teño que contar os contidos, dar paso ao sumario, facerlle unha enquisa a un ficticio carlos ruiz zafón e dar paso a publicidade. quítanme o micro, vólvenmo poñer, e outra vez a quitalo porque séntame para a tertulia ficticia que non chegarei a facer (descoordinación total na reixiduría).
.
gustaríame coordinar a mín as probas, eu que sei como deberían ser, eu que sei como se pasa de mal polos nervios, como teñen que darlle ao actor os textos con antelación, como se debe traballar con eles e facerlles sentir cómodos.
.
conteilles á miña nai, a raf e a bolo a miña frustración mentres viñan buscarme. logo fun a unha terraza da guía "santiago por pato", a ver xardíns e a sentir o mar. compartín o bocata que me trouxera da casa e saímos. no modus vivendi pinchou juan de pablos
e tiven unha regresión á miña infancia, oldies but goodies, recopilatorio de grandes éxitos dos 50 e 60 e da billboard. cantando e bailando movendo o flequillo "my boyfriend's back" e "it's easier said than done". como se mellora o ánimo coa compaña de moitos amigos: aquel rockabilly que me propón seriamente gravar uns coros e un dúo nunha versión en inglés no seu próximo disco, atoparme, como non!, con rubén coca e outros asiduos da juakina, do felipop ou da noite compostelana.
vou a abrir un apartado no meu blogue, por consello do de cans, no que darei un regalo a cada persoa que se atope con el e dea conta cunha foto "eu estiven con rubén coca".
logo a reixa, logo outra peregrinaxe a outro garito (maika) e logo voltar á casa. mar. durmir ata as 11. almorzar.
mar. xantar con alvariño, lectura, parque, recoller o cheque do último traballo na tele ("última hora") e flipar coas retencións fiscáis, cagoenlaputa [370-72 (ó 18%)=298], outro baño e mar.
.
aínda estou cabreada conmigo e có mundo pero non deixo de repetir coma un mantra: "pensamento positivo: vanme dar o programa, vanme dar o programa, vanme dar o programa".

3 comentarios:

Neorrabioso dijo...

Te lo darán, seguro, si no es éste el siguiente.

Abrazos.

Hasta pronto.

José María Cumbreño dijo...

Ojalá te lo den, Déborah. Más les vale que te contraten o si no, tarde o temprano, terminaremos fichándote para Canal Extremadura. Mucha suerte. Un beso.

Gsús Bonilla dijo...

verás commo si.
y nosotros te veremos.