lunes, 17 de agosto de 2009

resumo visual da 1ª metade de agosto

póñome a facer un resumo mental destes meses de verán e non sei moi ben o que debería seleccionar... non falei desas noites compostelanas en magnífica compaña (reatopar a patxi),
nin do xantar maratónico na casa de nando e a morenita
collendo moras,
nin cós detalles que quería do concerto de bruce (falar de jesus, esteban, róber...,
dos números para o pit line, das colas, dos cabreos, da literatura da noite e dos bares,
de dar clases de inglés nun pobo preto de donosti, da sensación de seguir en movemento dous días máis tarde pensando no boss)
nin de que ao final non puiden ver a iñaki máis tempo (tiñamos pensado pasar varios días xuntos de ruta pola terra pero foime imposible),
das noites na juakina con píter, tabo
e a pandi,
da tarde bonitiña con monti,
dos zodiacs
(-con Gurru, o novo batera-
que gustáronme moito e melloraron o sonido claramente,
de rubén coca
que sempre está nos lugares máis insólitos e intúo a súa presenza, de bolo
ao que é marabilloso atopar noutro contexto fóra de lavapiés entre a miña xentiña) e dos míticos dr. explosion
(-"gracias a miguel ríos que abandona su carrera"- que vin pola primeira vez) no felipop,
nin da miña estancia relámpago en madrid, da viaxe con xoán e o previo reencontro con maría na Coruña no seu aniversario sen previo aviso...
das tardes en barra,
as noites en cangas con lubina ao forno e munipas abreportas, dos meus novos dous kilos que amosan a calidade de vida polos almorzos da miña nai e o paro que non cobro ou do paso do branco nuclear ao moreno da saúde...

2 comentarios:

Le Fay ʚïɞ dijo...

Q lindas fotos!! estupendas vacaciones q tuviste felicidades!
un beso

amor que soy dijo...

se te ve sonreír, buena cosa