martes, 1 de septiembre de 2009

"WHITE MEN CAN'T JUMP"

hoxe tampouco lle respondín ao teléfonoskype. escapei.

que fago eu cun rapaz noutro continente?

que lle digo eu?

que me presta o seu cu?

que me preste o seu cu?

que me veña ver que ando quente?

que hoxe na lavadora tódalas cores destinxiron e o auga está moi suxo?

que me veña ver que non teño cartos para tomar o avión e cruzar o atlántico cara o pacífico?

non. eu non lle vou dicir nada. mellor que quede cunha lembranza agradable.

xustifico frases daquela peli: "os brancos non a saben meter" / "white men can't jump".

nunca fun boa ao basket e cando boto os papéis da sorte ao lixo para saber se o persigo ou non...

se tiro vou, se tiro vou, se tiro vou...

dalgún xeito sempre rebota, sempre salta cara atrás.

si, os brancos non a saben meter nin no cesto nin na cona pero que lle digo eu, eh?

que lle podo dicir?

1 comentario:

Ángel Muñoz dijo...

esta peli cuando la ví, me gustó mucho.

Saludos dulces Vuk.