hoxe é 9-9-9 e convídanme a participar a noite de mañá 10 nas festas da virxe do portal de ribadavia... vou facer por vez primeira un recital enteiramente en galego ¡¡¡de 40 minutos!!! ás 00h30. jaime moreda, o promotor desta noite poético-subversiva e xunta quen comparto cartacé, di que hai expectación na localidade (cousa que me fai tremer para non durmires esta noite)... penso en Guerra de Identidad como Guerra de identidade... penso na sesión de música-e que me fixo meu colega TABO e no seu corazón cheo de amizade... penso no meu A.V., que me vai levar e acompañar ao longo deste experimento... e non podo durmir. ensaio, ensaio e volvo ensaiar as vocais semiabertas e semipechadas. xa non podo coa miña alma mais teño soños abondo sobre os que deitarme.
1 comentario:
Sorte nena, intentarei achegarme a Ribadavia ainda que no sei se poderei. Ainda que no poida ir informareime e seguro que todo serán parabens... O vas facer moi ben, estou moi seguro, ti vales moito...
Moita sorte, artista !!!!!!!!!!!
Publicar un comentario