historias de icía e avoa
en santiago o domingoé a manifestación pola lingua
da plataforma "queremos galego"
e eu teño ensaio de strindberg en madrid
unha rusa e máis eu
(metade galega metade croata)
escribimos en castelán unha morea de escenas
baseadas nun autor sueco
vaia paradoxo
penso
no meu apoio e solidaridade á manifa
na que me gustaría
berrar, bicar e cantar
desde aquí
joder
non podo ir
nobreza obriga

queremos galego
18 de outubro ás 12
alameda
santiago d.c.
No hay comentarios:
Publicar un comentario