non falei do festival de Cans: do baile nas canteiras de granito, do tempo e a procura do seus ollos, do ricos que sabían os seus bicos furtivos, da risa nos concertos, do encontro cos amigos, da maxia da terra. ser a moza do director vólvete dun modo irremediable na anfitriona, na consorte na sombra, un rol algo ambiguo de desenrolar: buscarlle un bocata quente pra que non caia á 1 a.m., deixarlle aire e silencio pra que pense, asuma e disfrute, convencer co programa aos artistas pra que fiquen un día máis e aos patrocinadores con copas e conversación divertida pra que lle dean máis pasta na seguinte edición... a raíña por obligación fai cousas invisibles e secretas mais disque tamén as fai porque quere este lugar, porque tolea coas ideas novas ou sinxelamente porque ama...
mércores 19: día dos veciños. miña nai déixanolo coche e consigo liar ó meu colega Píter
pra achegármonos a Cans. perdemos a inauguración do can de pedra que presidirá a rotonda de entrada á vila pero vexo un par de grupos de pandereteiras, falo con Néstor, Suso e "Puntillitas" entre cervexas, aparece Lila enerxética desde Madrid e Maxi aprédenos uns pasos de baile. Pato está que morre e precisa descanso. Píter e máis eu volvemos a Vigo e rematamos a noite pasando pola Juakina, polo Tony's e por un karaoke esperpéntico.
xoves 20: chego á estrea do Mono Paco pero estou de pé na sala e como a acústica nesa zona non era moi boa decido saír fóra a fumar un cigarro. ao final petiscamos no "cocktail" e coñezo a Florent e a Iolanda Castaño.
estivemos falando de todo un pouco e pareceume unha rapaza adorable. hoxe tamén acontece o concurso de videoclips no Tubulart que finalmente torea maxistral e agroglamourosamente Ricardo de Barreiros.
o xurado elixe dúas cancións que non me molan. non estou demasiado de acordo có resultado ainda que non o manifeste. perdo o meu pano de lunares. durmimos no Porriño e fumamos un cigarro nun banco entre moitas risas con Manquiña fronte á porta do hotel.
venres 21: Pato non me acompaña a Vigo porque ten moito choio. hoxe é un día complicado pero abre simpático porque saimos os dous na Voz: el polo festival e eu xunta Serxio Pazos pola Gala do Deporte, que presentamos esa tarde en Ourense. (aparece tamén unha reseña marabillosa da Xeración Blogger no CULTURAL. collo o bus para Ourense. por teléfono fanme outra entrevista para a Opinión da Coruña. chego a OU, imprimimos as tarxetas, recheamos os ócos cos nomes dos xogadores, estructuramos os premios, xantamos, peiteámonos, presentamos, petiscamos e marcho de volta ao festival. Javi, o coordinador de deportes da universidade de Vigo, que fai maratón e ten afición secreta pola poesía, regresa a Cangas onde vive e de paso déixame no ben chamado "epicentro do audiovisual galego".
durante a viaxe contoume que lembraba ao meu pai cando xogaba no Alondras. busco onde está Pato. Vai comezar o concerto de Coque Malla. saúdo a Coira que me da unha forte aperta e sabe do meu paso pola t.v. movie, falo con Augusto e co fotógrafo das cidades... vexo a Lila que baila coma unha tola fronte ó escenario e eu contemplo o concerto desde un lugar provilexiado.
logo encárgome en inglés dos patrocinadores de Merc
e despois de contarlle os concertos do día seguinte deixo a Coque dicíndome "Yo os propongo..." e eu respondendo: "A mí no, a él" sen saber o que querería dicir para acabar na escola vella bailando a Constant
e falando de amigos comúns. durmimos de novo no Porriño. padecemos un cansancio brutal.
sábado 22: o día grande. coloquio na leira. Diego Giráldez debe estar a flipar... todos levan na cabeza ao estilo pirata un exemplar do Kalaikia.
estrela pedigree de ernesto chao.
vexo a alejandro carro, a ana fontán, imos andando ao cocktail vip.
por alí están monti, xulio,
fábregas,
suso de toro, morris, iñaki, carmen & sisters, os veraneantes... sesión curtas,
estrela pedigree de luís tosar,
os chavales, máis curtas (perdo o momento pozo de iván ferreiro-coque malla do ghaliñeiro unplugged). mentres Sesi dicía o veredicto o xurado pasaba a fronteira dos 30 cara os 31, xunta Iván Seoane e non recibía mensaxe do meu amor. toca Di Elas, o grupo de Tosar e Piti.
Sabela Pillado, Emmy, Álvaro Liste, Blanca Cendán, Morris (que segue por alí...)... continuamos a noite bailando con Robert Bodegas e no Porriño nunha "discoteque" e pillando un taxi de volta a vigo para durmir na casa as 8 da mañá... catro días de non-stop. horas durmidas: 17. risas: 100% full. deixo a coroa invisible no peto xunta a taza do merchandising.
domingo 23: desperto na casa. xanto cos meus pais, abrazo á miña nai, soplo as candeas cos números 3+1... meu amor venme recoller e imos durmir a sesta na praia.
eu leo La vida después (Baile del Sol) de Marina Sanmartín, el relaxa o seu cansancio. ceamos copiosamente en aldán, tomamos unha en Cangas vendo o mar e lendo nos xornáis a prensa do festival e brindamos: "De hoxe nun ano".
2 comentarios:
Hahahaha! Cada un baila como o que é, e o meu e oficial! Así, fago o que me peta sen que me importe o que pensa ninguén... Oe, non entendo o dos bicos futivos: o voso é ou non é oficial? Cans, esa Gran Boda Griega á galega (para ser Gran Boda Galega tería que haber marisco e pulpeiras... Mmmmm, e levar unhas pulpeiras para o vindeiro ano? Facer diñeiro capítulo 10).
coño pedro últimamente te veo en todas partes.
Saludos a tí y de paso a la autora de este magnífico blog.
Publicar un comentario