domingo, 1 de mayo de 2011

Té con Nicolás (I) + Amaro & Iván Ferreiro


Xa había tempo que non tiña ganas de falar de música... os últimos concertos aos que fun foran o de Tony Lomba no Mercado do Progreso da semana pasada, os da festa de Subterfuge na Galileo: No band for Lluvia & Fuzzy white casters de febreiro e o de Siniestro Total en decembro, o último concerto do ano no que podiamos fumar dentro dun teatro. Si. Había tempo xa que non tiña moitas ganas de falar de música pero non me pasa o mesmo si a música sae dunha boa idea, da terraza dun ático no centro de Vigo e aínda por riba é performada por Nicolás Pastoriza e os irmáns Amaro e Iván Ferreiro.
Unha casa pop, con estanterías que recollen biografías musicáis e a obra desordenada de Nick Hornby e un salón con dous ambientes. A mesa con tazas, chai ou café e biscotes, a xente con cervexa i eu, que levo fresas e zume de laranxa para combater a calor. Fóra un céspede, sobre o que descansan, xunta os convidados, un piano, varias guitarras, cadeiras e cámaras de fotos e vídeo. Chegou o día N! O primeiro TÉ CON NICOLÁS.
O sol desfacíase en lume sobre as paredes dun décimo i eu saltaba de conversa cos pes descalzos porque as plataformas que me deixaron para curtir antes da película poñíanme demasiado alta.
Tres magníficos músicos que gravan un disco na terraza e chaman a amigos para compartir a experiencia i eu vou de convidada por sorte e de rebote. Encántanme estes momentos. Sempre sucede que coñezo xente interesante e rabiosa
e conseguen que sinta que a terra por fin se converte na casa. A gusto. Penso que a próxima festa tería que darse máis tarde e con proxeccións... Vexo imaxes reflectidas e noite... Pero seica deixaría de ser té... ou polo menos á hora do té... Non. Hai que respectar a idea nai.
Coma sempre o mellor ven cando remata o concerto e tes ocasión de escoitar aos artistas tranquilos pero aínda sonan dentro os ecos do repertorio.
Uns días máis tarde que podo dicir? Que molaron tódalas cancións e fixéronme sorrir EL DÍA DEL ECLIPSE & LA CANCIÓN DEL TELONERO. Que máis? Que estou abraiada coas dotes compositivas destas tres bestias e a idea paréceme do máis cool.
E que máis? Si. Xa sei. Que tamén podo dicir...

Eu estiven alí!
(fotos by Vuk)

4 comentarios:

pepe pereza dijo...

Iván Ferreiro y los Piratas son (eran) lo mejor del país (para mi gusto, claro) Tuve la suerte de trabajar con ellos de técnico en una gira donde eran teloneros de La Oreja de...
También trabajé en su último concierto de despedida. Nunca olvidaré aquel concierto.

Anónimo dijo...

Ya no podrás cuidar del hombre que destrozará una nueva vida, una vez más.

Fala castellano, o meu niña.

Lila Lola dijo...

Tivo que estar guai, boa ocasión para disfrutar das ocasións especiais, as que convocan a xente especial para que a maxia semelle algo normal, cotidiá, porque ás veces é así, moitas máis veces das que pensamos. Noraboa polo teu relato, có que nos sentimos alí mesmo. Boto de menos a data do acontecemento, cando foi, plis?

marciana dijo...

Carai! que tarde de té tan chula!!