lunes, 28 de mayo de 2012

CANS... un ano máis "nova" e medrando pa ben!

Xa teño 33 anos,
estiven noutro Festival de Cans
celebrando o meu aniversario
(esta vez tiven que camiñar sobre a alfombra vermella
e desfilar nos chimpíns!!!).
Dende a derradeira entrada estrenei neste tempo dúas películas:
VILAMOR, que estivo nos cines de toda Galiza...
e PERSONAL MOVIE (dir.: Héctor Carré), que o xoves pasado púxose
de festa nesa aldea simpática e surrealista do Porriño.