viernes, 21 de agosto de 2009

diario de una actriz #17 post proba

aínda estou cabreada comigo mesma e có mundo.
.
vigo. non puiden durmir ata as 3 da mañá. as 8h30 en pé pra a masaxe, media hora de dor. ducha. almorzo, perruquería (corte de pelo e maquillaxe), remato a maleta, pato recólleme e procura calmarme. santiago. eu non dou sináis de que quero berrar ou vomitar ata as 2. temo pola miña posible confusión te-cheísta nos obxectos directos-indirectos. por consello de mr. serious vou vestida casual: vaqueiros, camiseta con escote discreto, converse e chaquetiña enriba (a chupa de sempre e mái-lo coral que me regalara skinner na festa luau leveinos coma amuletos).
.
tvg. san marcos bando. non nos fixeron chegar separata algunha e déronnos probas específicas e diferentes a cada un media hora antes de entrar e logo cambiaron as cousas como lles petou.
.
cando chegamos puxéronnos a todas xuntas nunha sala agardando e tentando traballar aquel absurdo e cada dous por tres aparecía algunha da proba a falar coa connosco ou coa que chegara. imposible concentrarse deste xeito. pásannos antes da proba a unha sala con tele con son que amosa un docu cós monos do cu vermello.
.
puxéronme o micro no meu có que non podía sentar ben, o pinganillo polo que dábanme ordes sen parar e tiña ademáis que improvisar un texto mentres toleaba cós pilotos, os cambios de luz vermella das cámaras. así, sen comelo nin bebelo. e sen poder repetilo, e sen ensaio, veña, hala.
.
como é que logo de catro anos de estudios non son capaz de facer tres cousas ao mesmo tempo, pero si son muller! e actriz! hai tempo que deixei de crer que chegaría ser coma meryl streep pero o de devir a santísima trinidade nunca pensei que mo foran pedir e que non puidera acadalo. aínda estou cabreada comigo mesma e có mundo.
.
non hai entrenamento para estas cousas na escola de interpretación e tampouco son castings ben feitos porque non propoñen unha xornada de traballo real e non saben o que nos están a pedir. presentarnos, cambian o nome do programa xusto antes de comezar, teño que contar os contidos, dar paso ao sumario, facerlle unha enquisa a un ficticio carlos ruiz zafón e dar paso a publicidade. quítanme o micro, vólvenmo poñer, e outra vez a quitalo porque séntame para a tertulia ficticia que non chegarei a facer (descoordinación total na reixiduría).
.
gustaríame coordinar a mín as probas, eu que sei como deberían ser, eu que sei como se pasa de mal polos nervios, como teñen que darlle ao actor os textos con antelación, como se debe traballar con eles e facerlles sentir cómodos.
.
conteilles á miña nai, a raf e a bolo a miña frustración mentres viñan buscarme. logo fun a unha terraza da guía "santiago por pato", a ver xardíns e a sentir o mar. compartín o bocata que me trouxera da casa e saímos. no modus vivendi pinchou juan de pablos
e tiven unha regresión á miña infancia, oldies but goodies, recopilatorio de grandes éxitos dos 50 e 60 e da billboard. cantando e bailando movendo o flequillo "my boyfriend's back" e "it's easier said than done". como se mellora o ánimo coa compaña de moitos amigos: aquel rockabilly que me propón seriamente gravar uns coros e un dúo nunha versión en inglés no seu próximo disco, atoparme, como non!, con rubén coca e outros asiduos da juakina, do felipop ou da noite compostelana.
vou a abrir un apartado no meu blogue, por consello do de cans, no que darei un regalo a cada persoa que se atope con el e dea conta cunha foto "eu estiven con rubén coca".
logo a reixa, logo outra peregrinaxe a outro garito (maika) e logo voltar á casa. mar. durmir ata as 11. almorzar.
mar. xantar con alvariño, lectura, parque, recoller o cheque do último traballo na tele ("última hora") e flipar coas retencións fiscáis, cagoenlaputa [370-72 (ó 18%)=298], outro baño e mar.
.
aínda estou cabreada conmigo e có mundo pero non deixo de repetir coma un mantra: "pensamento positivo: vanme dar o programa, vanme dar o programa, vanme dar o programa".

jueves, 20 de agosto de 2009

diario de una actriz # 16 noite pre-proba


agora non son capaz de durmir. teño ese runrún das noites que anteceden ás probas.
.
8h30 masaxe por lesión que non por gusto, 9h30 corte de pelo, maquillaxe, velas imaxinarias, 12hs. viaxe a santiago, 13hs. proba de modelitos varios na comida que non poderei probar, máis nervios, pregarias ás musas e deuses do teatro, nervios afastados, 15h45 proba (diversión), ¿? saída da tele, quedar cós amigos por compostela, a ledicia do día diluíndose entre a pedra...
.
deste xeito visualizo o meu xoves 20. penso que pode ser ou que vai ser o comezo dunha nova era. sonrío e continúo a pensar en non dar demasiadas voltas pola dor e en seguir soñando durmida.

miércoles, 19 de agosto de 2009

un presente de iñaki by esteban

(black dogs) iñaki faime chegar esta foto,
tomada por esteban,
antes do concerto de bruce... (memories)

martes, 18 de agosto de 2009

un regalo de monti

unha portada
un verso
un poema
unha adicatoria

lunes, 17 de agosto de 2009

resumo visual da 1ª metade de agosto

póñome a facer un resumo mental destes meses de verán e non sei moi ben o que debería seleccionar... non falei desas noites compostelanas en magnífica compaña (reatopar a patxi),
nin do xantar maratónico na casa de nando e a morenita
collendo moras,
nin cós detalles que quería do concerto de bruce (falar de jesus, esteban, róber...,
dos números para o pit line, das colas, dos cabreos, da literatura da noite e dos bares,
de dar clases de inglés nun pobo preto de donosti, da sensación de seguir en movemento dous días máis tarde pensando no boss)
nin de que ao final non puiden ver a iñaki máis tempo (tiñamos pensado pasar varios días xuntos de ruta pola terra pero foime imposible),
das noites na juakina con píter, tabo
e a pandi,
da tarde bonitiña con monti,
dos zodiacs
(-con Gurru, o novo batera-
que gustáronme moito e melloraron o sonido claramente,
de rubén coca
que sempre está nos lugares máis insólitos e intúo a súa presenza, de bolo
ao que é marabilloso atopar noutro contexto fóra de lavapiés entre a miña xentiña) e dos míticos dr. explosion
(-"gracias a miguel ríos que abandona su carrera"- que vin pola primeira vez) no felipop,
nin da miña estancia relámpago en madrid, da viaxe con xoán e o previo reencontro con maría na Coruña no seu aniversario sen previo aviso...
das tardes en barra,
as noites en cangas con lubina ao forno e munipas abreportas, dos meus novos dous kilos que amosan a calidade de vida polos almorzos da miña nai e o paro que non cobro ou do paso do branco nuclear ao moreno da saúde...

miércoles, 12 de agosto de 2009

TIME is on my side, yes it is...

tengo que corregir 2ªs galeradas de generación blogger, leer los textos de iñaki, de hasier y el TERRORIZER de murders (qué ganas de este trío!), contactar con mis directores para conseguir más trabajitos hechos antes de regresar al paraíso para renovarme el material, mandar un e-mail a la sexta...
.
madrid es un hervidero de calores y ausencias.
.
procuro salir a la calle, no sentirme sola, rodearme de gente a la que quiero y con la que me gusta estar (cenar maki, beber vino espumoso y tomar helado con lucky, comer con bolo y su surrealismo bangla y que me líe en un proyecto irreal con gato muñoz, unirme a la conversación cinéfiloliteraria con david y alfonso "el cordobés sorprendido", quedar con raf y su risa siempre hermosa, hablar de la enfermedad abrumadora de ainhoa, ver de lonxe os agarimos de x.a., o estar al lado de pepo y sus detalles luminosos...) o conocer a gente nueva y linda como la dulce eva monzón o borxa, el compositor de la ópera del OUVEO de ginsberg...
madrid no está tan mal... incluso cuando presenciamos peleas incomprensibles o nos para la secreta en lavapiés con borsalino. madrid no está tan mal a pesar del calor porque la poli se cree nuestras caras de pena y seguimos tomando cañas en la calle gracias a san lorenzo (lorenzo, me encanta la sonoridad de ese nombre). madrid no está tan mal aunque escuche relatos locos y acabe con la cerveza de opio de pipo.
voy a morir en tortura. dice mi madre que me van a tirar de los brazos y las piernas en diferentes direcciones. como el potro. igual que aquella tortura medieval. pero que sea por amor y no por brujería. que sea por amor y no por brujería. no me importaría morir en una dulce tortura... recuerdo aquello que decía thomas b.
.
creo que al final acabaré rapándome como hacemos con las bestias.

viernes, 7 de agosto de 2009

finde de tour

vou aovou ver aos meus colegas
aos ZODIACS
e logo de volta a madrid...
un tempiño curto até que xa non poida soportar a calor

martes, 4 de agosto de 2009

being a muse...

poucas cousas fanme sorrír tanto e dun xeito tan absurdo coma estas dúas frases nun chat...
hey, i miss you
call me when you have a minute
logo na chamada conteille como fixera de "Muso" pra mín, conteille que o seu nome saíu nunha revista literaria a modo de xornal e que tódalas galegas a algún que outro galego andaban a soñar có seu cu. traducinlle ao inglés eses textos que lle adicara e non sabía como suavizar esas múltiples formas de negrura con algún que outro eufemismo e lingua p.c., (có correctísimos que son estes iankis pensei que lle ía amolar! pero logo) dixo entre risas:

you are so funny
it's good to be a muse 
but i don't know if i like my life being published

eu declarei que non se tiña que preocupar e que se deixara de parvadas e pasara a me recitar ese listado de estados que tanto me excitan...


lunes, 3 de agosto de 2009

the boss

tengo tanto que decir que necesito ordenarme pero por ahora tengo claras 3 cosas:
1. que siento una profunda gratitud a iñaki por enseñarme de nuevo el arte en acción ( y que es el re-comienzo de una gran amistad)
2. que me emocioné con tres canciones en el concierto (la primera: la "rianxeira" me pellizcó la ternura)
3. que desde anoche bruce tiene en mí otra fan

sábado, 1 de agosto de 2009

iñaki, bruce y vuk en santiago

voy a ver al rockero de irún!
voy a ver al boss!
voy a ver a springsteen gracias a y con iñaki!
IF I WERE THE BOSS
(as i rule my on life, i would keep) 
WORKING ON A DREAM...