miércoles, 17 de agosto de 2011
Ganas de voar...
Despois de PERSONAL MOVIE (dir.: Héctor Carré) e de VILAMOR (non dir.: Ignacio Vilar) penso que é momento de dar un xiro vital. Abandono definitivamente Madrid pra mudarme a Galicia, estou co guión a voltas dunha curta, vou recitar en setembro en Brasil ao festival 2011 POETAS POR KM" e serei mestra de inglés a partir de entón nun clube sui generis: o hollywood club en Vigo. Este paxariño que pía ten ganas de voar...
martes, 5 de julio de 2011
miércoles, 25 de mayo de 2011
pasar dos 31 aos 32 (cans e +cine)
despois do festival de cans
dos ensaios de "vilamor", da rodaxe de "personal movie"
e das eleccións... :-/
chegou un novo aniversario
martes, 17 de mayo de 2011
un poema de Lois Pereiro
somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de mín que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituendo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen insistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia
lunes, 16 de mayo de 2011
a miña primeira escena de sexo no cine
jueves, 12 de mayo de 2011
isto non é un "collige, virgo, rosas"
martes, 10 de mayo de 2011
Vukušić na GALICIA ÚNICA
Semella que este mes, o de maio, é o mes das reseñas... Susana mandoume o link da revista que dirixe Xerardo Rodríguez de forma independiente e dan gusto, a verdade, esas pequenas e agarimosas iniciativas persoais... porque visto como está o asunto de mal ou facémolo así ou non se fai que cartos non hai, ou eso din... pero logo ben que gastan nas pegatinas para autobuses e sináis, nas guerras afastadas, nas axudas non requeridas, nas campañas e parvadas...
Penso que ao final despois de ter o xantar e o teito, a saúde e o amor ben atendidos o que fai falta son esas pequenas loitas xustificadas pola beleza. Bótenlle un ollo á iniciativa desa voz tan nosa... cliqueen sobre GALICIA ÚNICA (eu saio no apartado de PERSONAJE --mayo 2011-- pero) espero que se sintan tan felices coma mín paseando por esa galería de retratos da nosa terra e xentiña.
miércoles, 4 de mayo de 2011
re-tratos
domingo, 1 de mayo de 2011
Té con Nicolás (I) + Amaro & Iván Ferreiro
Xa había tempo que non tiña ganas de falar de música... os últimos concertos aos que fun foran o de Tony Lomba no Mercado do Progreso da semana pasada, os da festa de Subterfuge na Galileo: No band for Lluvia & Fuzzy white casters de febreiro e o de Siniestro Total en decembro, o último concerto do ano no que podiamos fumar dentro dun teatro. Si. Había tempo xa que non tiña moitas ganas de falar de música pero non me pasa o mesmo si a música sae dunha boa idea, da terraza dun ático no centro de Vigo e aínda por riba é performada por Nicolás Pastoriza e os irmáns Amaro e Iván Ferreiro.
Unha casa pop, con estanterías que recollen biografías musicáis e a obra desordenada de Nick Hornby e un salón con dous ambientes. A mesa con tazas, chai ou café e biscotes, a xente con cervexa i eu, que levo fresas e zume de laranxa para combater a calor. Fóra un céspede, sobre o que descansan, xunta os convidados, un piano, varias guitarras, cadeiras e cámaras de fotos e vídeo. Chegou o día N! O primeiro TÉ CON NICOLÁS.
O sol desfacíase en lume sobre as paredes dun décimo i eu saltaba de conversa cos pes descalzos porque as plataformas que me deixaron para curtir antes da película poñíanme demasiado alta.
Tres magníficos músicos que gravan un disco na terraza e chaman a amigos para compartir a experiencia i eu vou de convidada por sorte e de rebote. Encántanme estes momentos. Sempre sucede que coñezo xente interesante e rabiosa
e conseguen que sinta que a terra por fin se converte na casa. A gusto. Penso que a próxima festa tería que darse máis tarde e con proxeccións... Vexo imaxes reflectidas e noite... Pero seica deixaría de ser té... ou polo menos á hora do té... Non. Hai que respectar a idea nai.
Coma sempre o mellor ven cando remata o concerto e tes ocasión de escoitar aos artistas tranquilos pero aínda sonan dentro os ecos do repertorio.
Uns días máis tarde que podo dicir? Que molaron tódalas cancións e fixéronme sorrir EL DÍA DEL ECLIPSE & LA CANCIÓN DEL TELONERO. Que máis? Que estou abraiada coas dotes compositivas destas tres bestias e a idea paréceme do máis cool.
E que máis? Si. Xa sei. Que tamén podo dicir...
Eu estiven alí!
(fotos by Vuk)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


