jueves, 6 de noviembre de 2008

un poema de pura salceda

Mírame.
Non te movas.
Así,
que te vexa ben.
Agora,
axeonlla a túa boca
ata pronunciar o meu nome.
Esquece quen fuches.
A partir de hoxe,
debes saber
que só existes nos meus ollos.
.
de A ollada de Astarté, ed. espiral maior, 2007)

2 comentarios:

. dijo...

Sempre é fermoso ver coma a nosa poesía faise oco nunha páxina tan axeitada e bella como a túa, Vuk.

Os meus parabens...

www.elpatiodeasburgas.blogspot.com

Sintagma in Blue dijo...

Muchas gracias.

besos, besos.