domingo, 16 de noviembre de 2008

un poema de rosalía de castro

- 11 -
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
i hoxe teño media vida.
.
Solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
.
Non me roubaran, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.
.
de Cantares gallegos (1863)

4 comentarios:

antonio teruel dijo...

¡ay, esos billetes!

J. Montabes dijo...

Fantástica, Vuk.

Non sabes todo o que ven o sentimento o leer a nosa Rosalía. Has escoitado estos versos, musicados por Amancio Prada?. Si podes, non dudes en facelo.

kebrantaversos dijo...

esas discusiones de domingo noche en illescas
cuanto os echo de menos
un abrazote
el kebran

VUK dijo...

k., jaja! yo perdí o gané un viaje a marruecos por esa discusión; y ya sabes que la culpa de todo la tiene bécquer por ser el billete de 100.

J., a partires de xaneiro, seica poderás verme os sábados-serán na galega se todo vai como agardamos. cruzo os dedos da man e os do pé.

a., esos billetes... lo que significaban 500 pelas no tiene nada que ver con lo que significan 3€, verdad?

abrazos y biquiños a todos!