miércoles, 22 de julio de 2009

CORES PRIMARIAS: ALERTA AMARELA, CU NEGRO AZULADO e RUBOR

alerta amarela para toda Galicia. non. non é unha invasión oriental. onte, mentres jacinto ruiz, o redactor xefe da Voz de Galicia, facíame unha repor para o CULTURAS deste sábado, contábame que daban alerta amarela para toda Galicia pola chuvia para hoxe. en Madrid 37º có ceo atoldado; en Vigo nin un óco para o sol; en Os Anxeles andará a mencer... onte volvín falar có meu negro, o ceo negro da noite volveuse azul, coma o seu perfecto cu, e eu ruborizábame. non sei que pasa, mais cando falamos o meu mundo tínguese de cor... estivemos un bo rato falando sobre as nosas fronteiras (a súa con new mexico, a miña con portugal), as súas poucas frases en castelán có seu lindo acento e o meu malentendido coas súas actividades. remataba de editar unha canción para o seu vindeiro álbume e cando lle pedín que deletreara a movida mudei ExA, é dicir, 'engadir' por 'editar'. o significado máis ou menos era o mesmo. to add é 'engadir'... el edita o meu mundo; el engade cor ao meu mundo...
Sing for me.
Oh, no.
Why?
I'm shy.
Come on! I don't think so.
Yeah, you make me shy.
How can I persuade you?
If you were here I can think of many ways...
If I were there I could never hold myself back. I'd faint.
If you fell I would catch you
Will you sing for me one day?
Yeah. Next time. I promise.
pode que hoxe cante pra min. coido que se refería á vindeira vez que nos visemos pero quedamos hoxe en falar máis tarde. espero ver os seus olliños que boto tanto de menos pola web cam. quero ver os seus olliños xa que non podo tocar o seu cu negro que de tan fermoso vólvese azul. quero que cante pra min. quero que me edite. quero mudar de cor.

1 comentario:

Le Fay ʚïɞ dijo...

Q cante fuerte y veras q sus ojos brillaran mas pronto de lo q tu crees ;)
un beso