miércoles, 22 de julio de 2009

vukušić en LA OPINIÓN DE A CORUÑA

La Opinión de A Coruña
Ninguén se pon de acordo verbo de qué diaños fai esta personae, nin sequera ela mesma: "Eu non escribo poesía". E talvez teña razón pois a súa é unha escrita moi afastada de tódalas líricas canónicas, mesmo das da vangarda, ata o punto de que os seus "poemas" semellan por veces sinxelos apuntamentos recompostos a modo de versos. Pero unha cousa si está clara, e é que a tremenda historia que conta Guerra de identidad arrastra a todo aquil que se achega a escoitala. A "poesía da conciencia, da non-ficción" que esta compoñedora de si deita polos catro costados aspira "a unha verdade limpa, directa, sen retórica de ningún tipo". Distanciarse "o máximo posible desas regras académicas" que ela coñece tan ben. "Non busco palabras grandilocuentes senón corrosivas, no senso de que sexan capaces de erosionar os prexuízos e as mentiras, as máscaras e as armaduras. Que a punta do iceberg se vexa por fóra, si, pero que as augas sexan dabondo transparentes como pra que tamén se albisque o fondo."

No hay comentarios: