mércores... logo de pasar a noite corixindo as galeradas polos bares de vigo na mellor das compañas marchamos a pasar a tarde a cangas e ceamos en aldán antes de ir cara a san vicente do mar
ao náutico
ao concerto de iván ferreiro xunta o seu irmán amaro
para disfrutar coma unha tola das cancións e conversas frente ó mar
e rematar durmindo nun camarote do estela, o veleiro que amablemente préstanos gonzalo, un realizador macarra da tvg... (non direi como se abren as portas dos coches polo depósito, iso gárdoo para mín). xoves
trá-lo vaivén do mar xantamos tan ricamente
paseamos por s. vicente
cun xelado na man e marchamos para a illa
pasamos a tarde bañándonos, tomando o sol nunha praia pequena, estudando verso
e vendo o solporna terraza punta cabalo do faro e viaxamos de volta á santiago por asuntos matináis e para durmir nunha cama como ten que ser
venres... xantamos, imos aos cines valle-inclán a ver UP, o voo dunha casa chea de globos, e soñar coa aventura das casacadas paraíso
tentando volver a vigo paramos en Padrón e visitamos o xardín botánico, descubrimos casas abandoadas e estatuas aos poetas (e preguntámonos se terán algo que ver os pementos coa proliferación de escritores na zona?)
continuamos a viaxe e paramos en caldas a merendar (zorza, empanada de millo e queixo do país acompañados dun viño non demasiado frío) a carón do río
logo imos ás fontes descalzámonos e metemos os pes no auga termal para quentar o corpo
e continuamos a viaxe parando nas nosas persoais cascadas do paraíso, que se atopan no concello de barro
para virar de rumbo no último momento e deixar vigo por a cangas do restform e circular este festival do amor de verán...
No hay comentarios:
Publicar un comentario