haiche
amigos cómplices cós que disfrutar das risas
e das conversas
haiche mais ás que adorar...
e coas que argallar pequenas ledicias

momentos para atopar reflectida a túa imaxe entre a pedra
soñar en mudarme a unha casa con galería
e decatarme de que aínda que non teña traballo son condenadamente feliz...
neste verán haiche momentos para todo...
para volver nadar no río logo de 20 anos de mares
para facer sombras coas mans e camiñar pes núos pola herba
beber cervexa até case caeres ó chan
1 comentario:
Si, si, si.
Tienes muchos ingredientes de la fórmula.
Bicos
Publicar un comentario