jueves, 17 de septiembre de 2009

diario de una actriz # 18 DVdVUK...

o outro día rematei de editar o meu novo vídeoVUK cos derradeiros curros que fixen na tele... coido que o meu MAC está enfermo... a roda de cores xira e xira todo o tempo e impídeme avanzar como quero. subino ao youtube e cando ao día seguinte véxoo tranquilamente comprobo que cara ao final ten erros de audio logo tento volver a editalo e nada, hai problemas no volcado. levo todo o material nun pen á casa do meu amor de verán que tamén ten un MAC e volvo editalo de novo (que pasada, nun MAC que funciona correctamente tardo en montar o vídeo 20 minutos!). nada, problemas có formato... volvo a vigo e tento subilo outra vez. xa funciona. chamo ao meu amigo píter que me fai unha portadiña e listo. agora teño que mercar DVds e pagar o canon da sgae dun traballo que xa é meu e clonarme unha morea de veces... antes de volver a madrid tamén penso que debería levalo a unha meiga para que lle dea agarimos e que do seu envío xurdan pronto moitos non moitísimos traballos...

1 comentario:

. dijo...

Xurdirán Vuk, xurdirán, estou moi seguro. O teu traballo e moi bon e nótase a pedazo de artista na que, a costa de moito traballo, ensaio e dedicación, estaste a convertir.


Moita, moita sorte, e os meus parabéns e bicos meigos.

Coidate moito rula, moito.