lunes, 21 de septiembre de 2009

diario de una actriz #19 si, non, si, non... si.

hai uns meses, como decembro do 2008 ou así, presentamos a miña amiga violetta brazhnikova e máis eu un proxecto teatral sobre Strindberg solicitado POR ENCARGO. preparamos un dossier, implicamos a xente e enviámolo. o proxecto baséase no texto A MÁIS FORTE de August e nós queremos facer unha especie de "Vania en la calle 42" ou de "Looking for Richard", algo de metateatro para borrar ese drama pesado dos nórdicos, revisando o traballo dos actores e facendo un pequeno repaso da istoria do teatro. a nosa peza chamaríase "AS + FORTES DE STRINDBERG" e dixéronnos que estrearíamos para maio, logo que non, que no outono, logo que non, que non había cartos, que para o 2010, logo que si outra vez, que non, e de súpeto chámannos o luns pasado e dinnos que si, que nos dan a primeira ou segunda semana de novembro, que andan á espera da responsta dunha ópera. o mércores dinnos que a semana do 12 e o venres vólvennos mudar a data para o 24, 26 e 27. eu, que xa coordinara ese traballo cós que me van dar de xantar ata xaneiro (dúas animacións: unha gymkhana con rapaces para faunia en outubro e uns esqueches en atocha para a adif da última semana de novembro até a primeira de decembro), resulta que, co derradeiro cambio, xa non encaixo as datas. o peor de todo é que este traballo non nolo pagan ata o ano que vén, que vai ser unha miseria o que cobremos e o que paguemos aos nosos colaboradores e que temos que facer un tremendo MILAGRE (escribir o texto de Strindberg e amplificalo, compoñer a música, editar a escenografía -que a queriamos audiovisual-, deseñar os cartaces, o vestiario e máilos ensaios nun tempo récord). fff... que movida... se isto non remata comigo vaime poñer definitivamente + FORTE.

2 comentarios:

SONIA FIDES dijo...

Acabo de verte, reseñada en la revista Que leer por Enrique Villagrasa y me ha hecho una ilusión. Enhorabuena.
Un abrazo súper.

jaio dijo...

Hola Deb! Soy Victor (Jaio)
Qué grande la noche de ayer, en serio. Fue genial estar con todos vosotros, tan diferente de muchas otras noches entre copas. Reiterar las gracias por todo, por las palabras y consejos, por el buen rato de compañía y pseudointelectualismo. "Semos" unos culturetas, oiga jaja.

Te seguiré leyendo vía blogger, y de paso te agrego a mis recomendaciones literarias en mi blog

Suerte con todo. Espero que (no) le vomitases encima a Sánchez Dragó. Un abrazo!!