a miña lingua
pregúntasme pola lingua
eu non che sei que dicir
agás que a miña lingua
gusta da túa
e só sabe de sabores e de música
a miña lingua non fala
só gusta
non sabe de gramática
de verbas ou de verbos
non sabe de políticanin de política lingüística
a miña lingua só gusta do teu gusto
e as veces fala francés
e outras inglés
e outras co-fúndese e confúndese
co castelán
ou co portugués
pero calar
nunca cala
nunca se trabuca
cando di Q
cando di
"Quérote"
lingua
a miña lingua
só gusta do teu gusto
2 comentarios:
Sintoo non puiden berrar por ti porque tampoco o puiden facer por min. E dicir non fun a manifestación.
Simplemente comentarte que este poema e unha bonita homenaxe a lingua galega e a tódalas linguas.
Gústoume moito. Moi no tono de "Guerrade identidad" Saúdos e gracias polo teu comentario.
me encanta: sencillo y personal
(un beso desde este lado ;)
Publicar un comentario