al, fealdade e inxustiza
Autor: Déborah Vukusic Categorías: Artigos de autor
A roupa leva meses almacenada en stocks pero hai folga por falta de acordo no téxtil. O primeiro día de rebaixas en plena crise os piquetes escachan ovos nos escaparates e na roupa dos pequenos comerciantes en Vigo. Traballar ou non deixar traballar, that is the question.
Os banqueiros que provocaron a quebra mundial saen indemnes e conservan as contas nas Caimán. Os políticos esqueceron os conceptos platónicos de ben, beleza e xustiza; só pensan no que será mellor para o seu partido e o peor para o da oposición.
Somos coma o Partenón, a imaxe murcha do esplendor pasado. Pregúntome que dirían os gregos de entón. Por moito que reflexione, eu non lle encontro xeito a isto de non entender ao ser humano, de non coidalo e de botar por terra a súa dignidade.
1 comentario:
Pasé a saludarte... me encanta ver todo lo q has logrado!!! sigue asi hermosa q la vida te tiene regalos maravillosos :)
}un beso grande!!
Publicar un comentario