sábado, 10 de julio de 2010

Vuk no blog da Editorial Galaxia

Mal, fealdade e inxustiza

Autor: Déborah Vukusic Categorías: Artigos de autor

18 anos de cárcere para a panda que buscaba parellas nos parques pola noite, masacraba a golpes aos mozos e violaba repetidas veces ás mulleres poñendo aos seus partenairs coma colchón. Probablemente os integrantes sairán en 5.

A roupa leva meses almacenada en stocks pero hai folga por falta de acordo no téxtil. O primeiro día de rebaixas en plena crise os piquetes escachan ovos nos escaparates e na roupa dos pequenos comerciantes en Vigo. Traballar ou non deixar traballar, that is the question.

Os banqueiros que provocaron a quebra mundial saen indemnes e conservan as contas nas Caimán. Os políticos esqueceron os conceptos platónicos de ben, beleza e xustiza; só pensan no que será mellor para o seu partido e o peor para o da oposición.

Somos coma o Partenón, a imaxe murcha do esplendor pasado. Pregúntome que dirían os gregos de entón. Por moito que reflexione, eu non lle encontro xeito a isto de non entender ao ser humano, de non coidalo e de botar por terra a súa dignidade.

1 comentario:

Le Fay ʚïɞ dijo...

Pasé a saludarte... me encanta ver todo lo q has logrado!!! sigue asi hermosa q la vida te tiene regalos maravillosos :)
}un beso grande!!