domingo, 20 de marzo de 2011

iniciando a viaxe iniciática...

deixo atrás o cosmopoética e rir con luna miguel
e ver sorrinte a laura rosal
e axitarse a javi gato
e a preocupación automática de montoto
e falar regándonos con cervexa
con francisco e con luis
con maría, fátima e alejandra
deixo atrás ciudad real e SOL@: el muro
e as risas do champán DUBOIS no Teatro de la Sensación
con laura e agus
e luis miguel e o seu agarimo e o seu toque especiado
mamá e pa no brasil
eu afastándome uns kilómetros máis
mañá marcho para croacia
teño medo aínda que tamén estou feliz
recibo as chamadas de A.P. e de S.S.
estou máis tranqui
lío outro
miro o correo
imprimo papéis

desde o primeiro momento que pise terra croata
vou ter fortes emocións, seino.
hai tanto tempo que non volvía...

e xa non estarán os meus avos
djed ivan y baka karmen

no aeroporto de Zagreb estarán:

o poeta ivica prtnjaca,
organizador do Goran's Spring International Poetry Festival

os meus amigos
ivana (a quen coñezo vía skype)
e josé ángel (a quen eu chamaba J. ou señor inicial
e que non vexo dende os primeiros anos de facultade)
e que hospitalariamente acolleranme no seu fogar
e xa están a mobilizar á xente para o documental...

o meu tío ao que non vexo dende o 2004

e o meu irmán
ao que levo 15 anos sen acariñar...

cantas emocións xuntas
levo a cámara
quero gravalas todas
quero filmalo todo

a maleta está feita
o sono non chega

repaso tódalas cousas
billete
pasaporte
roupa para toda unha primavera
e os nervios
e a ilusión

vai todo dentro

estou lista para darlle ao REC
non quero esquecer nada

2 comentarios:

alinitaxula dijo...

Buen viaje, Deb a disfrutar cada momento, cada instánte..... Habrá momentos duros, oscuros. Al final ese desahogo y búsqueda te harán más ligero el viaje....
bicos

Jesús Zapatero dijo...

A veces, casi siempre, la vida nos obliga a vivir a caballo de las cosas. Aquello que no queremos haber vivido pero que lo hemos hecho. Aquello que deseamos con todas nuestras fuerzas pero que, inexplicablemente no acaba de llegar.
Los sentimiento de pérdida se acumulan junto al miedo.
Las piernas nos tiemblan ¿seremos capaces de asdimilar todo sobre nosotros mismos?
Ojalá.
Feliz(?)viaje.