non se pode resumir nunha liña un diario de emocións / intento atopar a fórmula da cocacola que me leve ao non esquecemento / seica non queda máis nada que escoller entre as fotos mellores e as palabras axeitadas... porque teño moito que contar, moita escuridade que vai clarexando, e tamén moito que lembrar dende marzo...
non falei dos últimos bolos, da maxia dos espazos nos que actuamos... non fixen a crónica de Elx do festival de poesía NOSOMOSTANRAROS (4/III), que organizan estes tolos levantinos, no que compartía cartace
coa poeta política Jazmina Caballero (fotos facebook) e ao que me convidara a xestora cultural e poeta Alicia García Núñez,
do reencontro con Irene e os seus pais molones... non falei das croquetas beatíficas nin do poemario La historia sin nosotras, que tiven a sorte de ler case case en primicia... non falei da chamada do meu pai que (despois de case un ano sen novas) recibín xusto cando pasaba por Petrel... do xantar en domingo no que Batania rematou co surtido de cervexas e kalimotxo da nosa casa mentres Santi e máis eu tratabamos de atopar nov@s mus@s...
tampouco falei dos Cosmopoéticos (17 marzo), da xentiña que coñecín e reatopei no ciclo poético Diversos, de Córdoba,
dos bicos por fin de verdade na meixela que Nacho Montoto me manda de mañá polo facebook, a ceguera poética de Laura Rosal, a inocencia tatuada e perdida de Luna Miguel, a simpatía nocturna e alevosa de Javier Gato... os sustos de Gabriel "Boronía" pola saída do especial 45RPM, as conversas contradictorias a pé de rúa e lúa con Francisco...
- non falei de Croacia (20 marzo-2 abril)... do festival Goranovo
- e da familia... diso si que aínda non podo
mesmo si os croatas veñen ao leste a un encontro de literatur xoven croata...
da viaxe relámpago a Santiago para a lectura de guión de Vilamor con todos os hippies comuneiros... do encontro no pgm 9 de radio SPEED & BACON coa incríble micropoetisa AJO con chai, cervexa e canutos (de chocolate)... e a presenza de Musa María, compartir wall cos galegos Coyote e Silvia Superstar...
da presentación febril de AL OTRO LADO DEL ESPEJO, da Roma palíndroma (14-16 abril), tan divertida mesmo baixo a choiva... da charla sobre literatura feminina e novas tecnoloxías no Instituto Cervantes de Piazza Navona,
da cea coa fermosa e carina Nadia Monetti, das copas con ela co seu marido Ángel, Paula Izquierdo e Gian Franco... da succión do minibar e a conversa chea de conexións nun mundo pequecho até o mencer romano... de coñecer á filla bailarina do compañeiro de celda do meu pai... non falei das mañás filosóficas con Willy,
dos obradoiros que impartín na Sala Triángulo, xunta a Pindado, o meu herr direktor admirador de Pavlovsky,
nin do do Escorial cos Desde Las Tripas, o grupo máis riquiño e ilusionante que coñezo... (Jimmy, Aida, Paloma, Felipe, Almu, Adán, Ampis e Carlis... mmm, canto lles quero!) nin da chegada á terriña en business class pola cancelación do vóo a Barcelona... dos Mestre Mateo en Ourense e o surrealismo dunha noite de cinema galego, das probas e fotos ensanguentadas da película con Carré, desta semana santa na que por fin co meu pequeno catarro puiden asentar... Tabo pinchando, a casa da Skinner e as nosas ceas copiosas... o concerto de Tony Lomba no Mercado do Progreso e a crónica de Fernando Franco no Faro de Vigo...
e pasear pola cidade nun Porsche negro e arranxando o mundo entre risas, do primeiro ensaio do thriller na Coruña con Romay, Mosqueira e De Lira... da reunión con Álex Carro para empezar a xestionar un proxecto teatral en Santiago... do meu vello amor que volve asomar si é que algunha vez desaparecera... das novas tardes na Galería e das ganas de que por fin sexa a estrea de PIRATAS porque xa me vin azoutada no tráiler!!!
non falei de nada diso aínda que xa só queden as raspas...
1 comentario:
Sí, pero dijiste que ibas a instaurar los "domingos-Batania" en tu casa y, desde que me he dado cuenta de que era mentira, me paso llorando todas las noches :( :( :(
Abracísimos.
Hasta pronto.
Publicar un comentario