
Héctor Carré inicia a rodaxe
de Personal Movie, a súa cuarta fita
A historia trata sobre un mozo, que está de vacacións nunha vila galega e que despois dunha gran festa atopa un brazo humano na sua neveira. Como non lembra nada do acontecido a véspera, vese obrigado a descubrir quen é o asasino, sen denunciar o feito á policía.
No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices como Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Victor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina. A produción executiva corre a cargo de Héctor Carré e o colaborador de Xornal Antón Reixa. No equipo técnico destacan o director de fotografía Juan Carlos Gómez (Gordos, El Bola, Azul Oscuro Casi negro, La promesa, Dame Algo), a Música de Manuel Varela (La promesa), a dirección de arte de Alexandra Fernández,o vestiário de Arantxa Domínguez o son con Dani López e a dirección de produción de Xabier Eirís.
A película vén ser, un thriller dramático cargado de suspense, anclado na realidade e cun un desenvolvemento verosímil e sorprendente. Sirvan como referentes as cintas: Michael Clayton,Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, Una historia de violencia, Crash.
Personal Movie, supón a continuidade de Sun Lúa na produción de cine; nesta ocasión conta cun service de produción que presta Filmanova, aportando a sua experiencia e máis equipos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario