






hoxe tampouco lle respondín ao teléfonoskype. escapei.
que fago eu cun rapaz noutro continente?
que lle digo eu?
que me presta o seu cu?
que me preste o seu cu?
que me veña ver que ando quente?
que hoxe na lavadora tódalas cores destinxiron e o auga está moi suxo?
que me veña ver que non teño cartos para tomar o avión e cruzar o atlántico cara o pacífico?
non. eu non lle vou dicir nada. mellor que quede cunha lembranza agradable.
xustifico frases daquela peli: "os brancos non a saben meter" / "white men can't jump".
nunca fun boa ao basket e cando boto os papéis da sorte ao lixo para saber se o persigo ou non...
se tiro vou, se tiro vou, se tiro vou...
dalgún xeito sempre rebota, sempre salta cara atrás.
si, os brancos non a saben meter nin no cesto nin na cona pero que lle digo eu, eh?
que lle podo dicir?
marcho a santiago catro días. vou asistir a un curso de verso (16-21hs.) na facultade de filoloxía que imparte o fantástico actor-pedagogo ernesto arias, amigo a quen tanto quero e admiro. por outro lado espéranme moitos encontros: con ros de lux para as fotos da entrevista que rebeca yanke prepárame para los noveles, seguro que atoparei sen plan previo ao meu colega cineasta rubén coca nalgures e ademáis quedaréi con patxi valera, que ven de descobrerme unha marabilla, como crear partituras có auga. queremos probar a combinar a súa música acuática cós meus poemas. íamos tentalo en ribadavia o vindeiro día 10 de setempo pero precisamos dun espacio pechado e o recital terá lugar fronte ao castelo, á noitiña e en pleno exterior có que as composicións veríanse alteradas. teremos tempo de falalo. agárdanme noites compostelanas de verso e amizade...