jueves, 1 de diciembre de 2011

Trailer: A pesar de todo, quérote

xa está a piques de...
o sábado 3 de decembro ás 17h30 presentamos o tráiler e máilo making of no garaxe do CULTURGAL!
sodes todos benvidos a presenciar o nacemento do noso novo bebé!

lunes, 10 de octubre de 2011

SEN EMBARGO, QUÉROTE.

escribín un diario invisible durante a rodaxe. foi tan picuda que xa non sei onde estou... pero iso si, medrou un pouquichiño a miña seguridade, tan atomizada ao longo deste ano polo amor non correspondido e por algún director pouco sensible. escribín sen tinta tódolos días, sobre os meus compañeiros e a produción, sobre esas sensacións tan incríbles que ofrece un personaxe tan afastado de mín, sobre a emoción de poder traballar con ilusión en cada sesión cun director que procura a nosa comodidade. agora tócalle a vez ao efecto barranco, xa sabes. é o que me toca tras cada proxecto: aturdimiento dun par de días e tristeza e rabia por non saber facelo mellor, por non saber calar a boca, por botar tantas cousas en falta...marcho a madrid. viaxe rápida. audición mañá. un personaxe de clarín revisado, libre e contemporáneo. non sei se me apetece volver sufrir. diría que si se iso mermara a dor na non ficción. vamos, asinaría agora mesmiño. por favor, que os deuses do teatro me iluminen!

miércoles, 17 de agosto de 2011

Ganas de voar...

Despois de PERSONAL MOVIE (dir.: Héctor Carré) e de VILAMOR (non dir.: Ignacio Vilar) penso que é momento de dar un xiro vital. Abandono definitivamente Madrid pra mudarme a Galicia, estou co guión a voltas dunha curta, vou recitar en setembro en Brasil ao festival 2011 POETAS POR KM" e serei mestra de inglés a partir de entón nun clube sui generis: o hollywood club en Vigo. Este paxariño que pía ten ganas de voar...

miércoles, 25 de mayo de 2011

pasar dos 31 aos 32 (cans e +cine)

despois do festival de cans
dos ensaios de "vilamor", da rodaxe de "personal movie"
e das eleccións... :-/
chegou un novo aniversario
e de presente un corazón novo!

martes, 17 de mayo de 2011

un poema de Lois Pereiro

(quería poñer algún fragmento de Conversa ultramarina pero prestei o libro e aínda non volveu... e fozando na rede atopo este poema que eu espacio como me axuda a ser lido. por fin un autor elixido pola academia contemporáneo, un poeta punk! i wish i had met you for i feel like i do...)

somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de mín que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio


só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituendo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen insistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia

lunes, 16 de mayo de 2011

a miña primeira escena de sexo no cine

miña nai di que a miña vida é moi emocionante pero que non sabe se ela podería aturala. eu as veces tampouco podo. sonche demasiadas esperas, imprecisións, proxectos que non saen pero recoñezo que cando teño traballo son feliz. gústame chegar a casa e ler o guión, currar os personaxes e pensar como me gustaría que foran. paso horas imaxinando as situacións durante eses días e nas cervexas cos amigos quedo flipada soñando ou repetindo as frases do texto. disfruto moito debuxando o resultado pero o divertido de verdade chega nos ensaios, dándolle vida cos outros actores, probando diferentes cousas e nas rodaxes vendo o "backstage", cando, por exemplo, gravamos 5 nun camarote sen espazo: herr direktor, o dire de foto, o sonidista, o actor sobre unhas alzas e máis eu tirada na cama mentres ana, a xefa de maquillaxe, coloca ben o pelo e bótame enriba a suor ficticia. o prota pregúntame se pode collerme os muslos para empuxar mellor i eu conto ese "chiste" (de engadirlle aos refráns divididos "baixo as sábanas" e "entre as pernas") para romper o xeo na que será a primeira escena de sexo da miña carreira! non se ve nada, non se toca nada, todo é finxido pero é incrible que semelle verdade. logo o striptease: levar dúas bragas e simular que quito unha que xa está fóra de plano... o mellor era que no guión eu só lira na sec. 14 cara de crispación de Chusa (ese é o nome do meu personaxe) e na sec. 27 imaxes da noite pero cando me recolleu Ortiz, de producción, na estación da Coruña e amosoume que no plan viña "Sexo con Chusa" a cara de crispación saiu no coche claro! e trá-la metamorfose no personaxe (vestiario, maquillaxe, perruquería e tatuaxe) e chegar ao peirao gravamos a escena nós: tivemos que manexar a cámara, unha desas canon hd5 polas que devezo, e rodar no solpor coma se fora o mencer... quen me dera ver á miña nai nunha situación coma esa! e volver ver a súa cara cando mirou a tatuaxe!

jueves, 12 de mayo de 2011

isto non é un "collige, virgo, rosas"


hoxe aprendín o nome
da pranta da miña infancia
digitalis purpurea
á que eu de sempre
chamaba "campaniña"

logo
tamén me aprenderon
camiñando entre as silvas
que é velenosa

unha pranta mortal

(foto de: http://www.conabio.gob.mx/)

martes, 10 de mayo de 2011

Vukušić na GALICIA ÚNICA

Semella que este mes, o de maio, é o mes das reseñas... Susana mandoume o link da revista que dirixe Xerardo Rodríguez de forma independiente e dan gusto, a verdade, esas pequenas e agarimosas iniciativas persoais... porque visto como está o asunto de mal ou facémolo así ou non se fai que cartos non hai, ou eso din... pero logo ben que gastan nas pegatinas para autobuses e sináis, nas guerras afastadas, nas axudas non requeridas, nas campañas e parvadas...

Penso que ao final despois de ter o xantar e o teito, a saúde e o amor ben atendidos o que fai falta son esas pequenas loitas xustificadas pola beleza. Bótenlle un ollo á iniciativa desa voz tan nosa... cliqueen sobre GALICIA ÚNICA (eu saio no apartado de PERSONAJE --mayo 2011-- pero) espero que se sintan tan felices coma mín paseando por esa galería de retratos da nosa terra e xentiña.