haiche cousas máxicas, marabillosas que só poden suceder na miña terra, estou segura. onte paseaba pola rúa e xunta o museo da arte contemporánea que loce (coido que coma exercicio de memoria histórica a frase re-coñecida do franquismo mastodóntico): "la calle es mía", vin un músico cunha arpa. quedei ollando prá el e comezou tocar unha de THE CURE... como é posíbel que tocara cunha arpa a primeira canción que escoitara deles alá polos anos 80? aquela na que saían das tumbas... aquela do primeiro vídeo-clip que vira e que tanto me marcara... xa sei que non era unha mensaxe oculta prá min, seino, mais xusto pola mañá puxera a canción no meu mp3. eu ía xantar cós meus pais e non levaba cartos enriba pero fiquei parada baixo a sombra do banco e escoiteino cós ollos ben abertos e a alma a flor da pel. así que xa que non andaba moi lonxe de onde quedáramos fun xunta deles e pedinlles unhas moedas para aquel músico da rúa. volvín correndo. o rapaz xa marchara pero os acordes, non sei como, aínda estaban no áer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario