viernes, 12 de junio de 2009

"demos e daimóns"

xoán dime que son unha muller bretoniana... comme la femme-enfant... no bar-bieri entre chocolates e fumes xoán grava a miña voz, fotografía o meu espíritu e fala de como afastar as malas sombras... teño que matar un gato, prendelo dunha árbore e atopar o cadro de castelao. xoán faime preguntas desas que non son doadas de respostar, quere que lle diga que ando a buscar e que lle dea unha definición do que fago... eu creo que balanceo as miñas palabras entre os límites do teatro e os da poesía sin que dignifique ningunha das dúas artes... ser brecht pero máis sinxela que brecht, rezumar á sexton pero afastarme tamén dela. non sei o que procuro. non sei o que son. seica demo e deimón, súcubo e víctima, nena e muller... como  la femme-enfant de breton, que diría xoán, comme la femme enfant.

foto by abeleira.

2 comentarios:

Xoán Abeleira dijo...

...Unha nena entre escombros que, con enorme afouteza, cun par de ovarios, deu en saír diles pra se reconstruír de novo. E que, inda por riba, foi quen de conservar a imaxinación, a tenrura, a sensibilidade e o lirismo da égoa de mar que foi: Arcano 17. Atopa as túas pinturas rupestres, Vuk! Sen axuda de arqueólogos! Fita, fita como escintilan no medio da negrume!

jens peter jensen silva dijo...

pois segue entre os dous mundos, eu penso que funciona. eso parece.
peter