viernes, 29 de abril de 2011

car-ALLO!

A tarde coa micropoetisa AJO, ben merece unha entrada aparte... mesmo si semellamos serias no podcast podo xurar que pasámolo ben, que vimos todo bastante verde e rimos en tódolos cortes pola cinza na mesa e a birra ciscada. Aínda a lembro co chai na casa berrándolle a súa cadeliña: "Musa María, a la cárcel de perritas" e desculpándose de seguido: "Ay, lo siento, que tu padre...". Non puiden evitalo. Rin a esgalla. o paseo pola cidade falando da nosa relación de "Irmás de Polla" e o zigzag de carallo que fixen no día sen car pero con allo: batalla-san vicente-murcia-san vicente-batalla... Na sala de gravación teñen unha parede na que asinan os convidados i eu púxenme no bloque galego entre o Coyote e Silvia Superstar... facendo patria.

AQUÍ o link ao podcast.

Ajo, ou a micropoetisa dourada...antonio, the technician!
both of us...

O primeiro día de rodaxe asoma na prensa


Héctor Carré inicia a rodaxe

de Personal Movie, a súa cuarta fita

noticia completa AQUÍ

A historia trata sobre un mozo, que está de vacacións nunha vila galega e que despois dunha gran festa atopa un brazo humano na sua neveira. Como non lembra nada do acontecido a véspera, vese obrigado a descubrir quen é o asasino, sen denunciar o feito á policía.

No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices como Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Victor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina. A produción executiva corre a cargo de Héctor Carré e o colaborador de Xornal Antón Reixa. No equipo técnico destacan o director de fotografía Juan Carlos Gómez (Gordos, El Bola, Azul Oscuro Casi negro, La promesa, Dame Algo), a Música de Manuel Varela (La promesa), a dirección de arte de Alexandra Fernández,o vestiário de Arantxa Domínguez o son con Dani López e a dirección de produción de Xabier Eirís.

A película vén ser, un thriller dramático cargado de suspense, anclado na realidade e cun un desenvolvemento verosímil e sorprendente. Sirvan como referentes as cintas: Michael Clayton,Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, Una historia de violencia, Crash.

Personal Movie, supón a continuidade de Sun Lúa na produción de cine; nesta ocasión conta cun service de produción que presta Filmanova, aportando a sua experiencia e máis equipos.





jueves, 28 de abril de 2011

falar para non esquecer / as raspas das lembranzas

non se pode resumir nunha liña un diario de emocións / intento atopar a fórmula da cocacola que me leve ao non esquecemento / seica non queda máis nada que escoller entre as fotos mellores e as palabras axeitadas... porque teño moito que contar, moita escuridade que vai clarexando, e tamén moito que lembrar dende marzo...

non falei dos últimos bolos, da maxia dos espazos nos que actuamos... non fixen a crónica de Elx do festival de poesía NOSOMOSTANRAROS (4/III), que organizan estes tolos levantinos, no que compartía cartace
coa poeta política Jazmina Caballero (fotos facebook) e ao que me convidara a xestora cultural e poeta Alicia García Núñez,
do reencontro con Irene e os seus pais molones... non falei das croquetas beatíficas nin do poemario La historia sin nosotras, que tiven a sorte de ler case case en primicia... non falei da chamada do meu pai que (despois de case un ano sen novas) recibín xusto cando pasaba por Petrel... do xantar en domingo no que Batania rematou co surtido de cervexas e kalimotxo da nosa casa mentres Santi e máis eu tratabamos de atopar nov@s mus@s...
tampouco falei dos Cosmopoéticos (17 marzo), da xentiña que coñecín e reatopei no ciclo poético Diversos, de Córdoba,
dos bicos por fin de verdade na meixela que Nacho Montoto me manda de mañá polo facebook, a ceguera poética de Laura Rosal, a inocencia tatuada e perdida de Luna Miguel, a simpatía nocturna e alevosa de Javier Gato... os sustos de Gabriel "Boronía" pola saída do especial 45RPM, as conversas contradictorias a pé de rúa e lúa con Francisco...
  • non falei de Croacia (20 marzo-2 abril)... do festival Goranovo
  • e da familia... diso si que aínda non podo
mesmo si os croatas veñen ao leste a un encontro de literatur xoven croata...
da viaxe relámpago a Santiago para a lectura de guión de Vilamor con todos os hippies comuneiros... do encontro no pgm 9 de radio SPEED & BACON coa incríble micropoetisa AJO con chai, cervexa e canutos (de chocolate)... e a presenza de Musa María, compartir wall cos galegos Coyote e Silvia Superstar...
da presentación febril de AL OTRO LADO DEL ESPEJO, da Roma palíndroma (14-16 abril), tan divertida mesmo baixo a choiva... da charla sobre literatura feminina e novas tecnoloxías no Instituto Cervantes de Piazza Navona,
da cea coa fermosa e carina Nadia Monetti, das copas con ela co seu marido Ángel, Paula Izquierdo e Gian Franco... da succión do minibar e a conversa chea de conexións nun mundo pequecho até o mencer romano... de coñecer á filla bailarina do compañeiro de celda do meu pai... non falei das mañás filosóficas con Willy,
dos obradoiros que impartín na Sala Triángulo, xunta a Pindado, o meu herr direktor admirador de Pavlovsky,
nin do do Escorial cos Desde Las Tripas, o grupo máis riquiño e ilusionante que coñezo... (Jimmy, Aida, Paloma, Felipe, Almu, Adán, Ampis e Carlis... mmm, canto lles quero!) nin da chegada á terriña en business class pola cancelación do vóo a Barcelona... dos Mestre Mateo en Ourense e o surrealismo dunha noite de cinema galego, das probas e fotos ensanguentadas da película con Carré, desta semana santa na que por fin co meu pequeno catarro puiden asentar... Tabo pinchando, a casa da Skinner e as nosas ceas copiosas... o concerto de Tony Lomba no Mercado do Progreso e a crónica de Fernando Franco no Faro de Vigo...
e pasear pola cidade nun Porsche negro e arranxando o mundo entre risas, do primeiro ensaio do thriller na Coruña con Romay, Mosqueira e De Lira... da reunión con Álex Carro para empezar a xestionar un proxecto teatral en Santiago... do meu vello amor que volve asomar si é que algunha vez desaparecera... das novas tardes na Galería e das ganas de que por fin sexa a estrea de PIRATAS porque xa me vin azoutada no tráiler!!!
non falei de nada diso aínda que xa só queden as raspas...

miércoles, 13 de abril de 2011

giornata internazionale del libro: microviaggio e letteratura

debo pellizcarme para saber que estoy despierta
y asegurar dónde
conferencia-mesa redonda para hablar de literatura de mujeres
como si el sexo implicara palabra
para hablar de nuevas tecnologías
cuando ya no usan pañales
sino tops ajustados y faldas muy cortas
otra vez el mismo discurso
para contestar las mismas preguntas
cambia el acento
eso sí
y cambia el canto

sólo pienso, para mi gusto, en una pañoleta con lunares
en ponerme pantalones capri y bailarinas
y que un romano en alguna piazza
me invite a pizza y a pasear en moto

JUEVES 14
19h30
Instituto Cervantes de Roma
Piazza Navona, 91

martes, 12 de abril de 2011

nace la antología de la revista AL OTRO LADO DEL ESPEJO


hoy presentamos la antología AL OTRO LADO DEL ESPEJO que han tenido a bien editar los chicos de Ediciones Escalera. este es el nuevo bebé de la comuna, cuyo papá es el querido Gsús Bonilla, POESÍAÍSEOP, capaz de lidiar con 50 autores y sus 50 historias.

Hoy a las 20h30
3 ROSAS AMARILLAS
c/ San Vicente Ferrer, 34

mírate en el espejo
y cruza al otro lado
break on through to the other side, yeah

volver después de volver

la vida continúa

no pasa nada si te quedas al margen y contemplas lo que sucede
se potencian los olores, los sonidos y las imágenes si guardamos silencio

sólo sé que estoy aquí y ahora
aunque sueñe con estar allí y ayer

sólo sé que he vuelto distinta
y que me tengo que re-conocer

como dijo roman de la guerra:
"después de un terremoto uno intenta hacer su vida normal
pero el suelo que pisa se ha movido y ya no es el mismo"
o
quizás, como también dijo roman de la guerra:
"sólo está claro que hemos perdido la inocencia"

martes, 22 de marzo de 2011

croatian experience. GORANOVO 48 PROLJEĆE

asoma willy para achegarme ao aeroporto de madrid... nervios, equivocacions... pasamos en circulo pola T4 e imos a T2... en Munich case perdo a conexion... as 4 coma o raposo do principinho comezo a ponherme nerviosa... recapacito: conhecer a a bebe e a Ivana, 2 anos sen ver a Ivica, 8 anos se ver ao meu tio, 10 anos sen ver a Jose Angel, 15 anos sen ver as primas e ao meu irman... a comitiva agarda por min... parezo a Pantoja no aeroporto de Mexico...
media hora para vermonos, abrazarnos e falar. meu tio di que meu pai esta mellor e comeza a contarme cousas bonitas pero cando acendo a camara cala. que guapo e o meu irman, que ben vexo a Jose. cambio euros por kunas e marcho cos meus hosts a casa dos pais de Ivana. sacamos a miška e acompanhanme ao hotel a deixar a mochila, facer o check in e achegarnos a a presentacion do festival no octogono. sensacion estrana de ler Guerra de Identidad neste contexto...
beber pivo king size... comer pola noite e co frio no penguin con Bojan e Branis...hai conexions e confesions que so pasan unha vez. descubro o museum of broken relationships e penso ir visitalo. durmir pouco e con dor de cabeza de tentar entendelo todo.
de caminho no bus a Lukovdol Bojan, o meu novo amigo xornalista promete axudarme coa investigacion sobre o meu pai e contame algunhas metaforas ironicas da preguerra e a sua vision. cando chegamos, non imos a presentacion, pero iso permiteme gravar a conversa entre B. e Marko Tomaš mentres o raki esvaece o frio... comemos en Breza a cero graos e chegamos a Rijeka... pero paro aqui este diario.
paseninhamente.
primero tenho que facer o filtro
da minha croatian experience.

domingo, 20 de marzo de 2011

iniciando a viaxe iniciática...

deixo atrás o cosmopoética e rir con luna miguel
e ver sorrinte a laura rosal
e axitarse a javi gato
e a preocupación automática de montoto
e falar regándonos con cervexa
con francisco e con luis
con maría, fátima e alejandra
deixo atrás ciudad real e SOL@: el muro
e as risas do champán DUBOIS no Teatro de la Sensación
con laura e agus
e luis miguel e o seu agarimo e o seu toque especiado
mamá e pa no brasil
eu afastándome uns kilómetros máis
mañá marcho para croacia
teño medo aínda que tamén estou feliz
recibo as chamadas de A.P. e de S.S.
estou máis tranqui
lío outro
miro o correo
imprimo papéis

desde o primeiro momento que pise terra croata
vou ter fortes emocións, seino.
hai tanto tempo que non volvía...

e xa non estarán os meus avos
djed ivan y baka karmen

no aeroporto de Zagreb estarán:

o poeta ivica prtnjaca,
organizador do Goran's Spring International Poetry Festival

os meus amigos
ivana (a quen coñezo vía skype)
e josé ángel (a quen eu chamaba J. ou señor inicial
e que non vexo dende os primeiros anos de facultade)
e que hospitalariamente acolleranme no seu fogar
e xa están a mobilizar á xente para o documental...

o meu tío ao que non vexo dende o 2004

e o meu irmán
ao que levo 15 anos sen acariñar...

cantas emocións xuntas
levo a cámara
quero gravalas todas
quero filmalo todo

a maleta está feita
o sono non chega

repaso tódalas cousas
billete
pasaporte
roupa para toda unha primavera
e os nervios
e a ilusión

vai todo dentro

estou lista para darlle ao REC
non quero esquecer nada

jueves, 17 de marzo de 2011

de rodillas, re-flexionando, explicándome

estoy intentando ordenarme antes de tomar impulso
de coger el tren que me lleve a la mezquita
(COSMOPOÉTICA 11, "Diversos"
llevar poesía a la facultad de ciencias del trabajo
buena misión... con grandes arcángeles)
NUEVA FASE VITAL
he escrito en un post-it algunos números de teléfono
y propósitos de primavera

despido a miña outra língua
por un tempo / polo meu ben / para tomar distancias
cortar de raíz / e sanarme / e recuperarme
e esquecer equívocos / e comportamentos
e tanto chorar e chorar e chorar

quero recuperar a miña identidade
en paz
volver feliz de ser quen son e como son
asumindo as orixes / restablindo as conexións


aparecía últimamente como la poeta bloguera
y hacía meses que no actualizaba
ni viajaba con ilusión por la red

qué gracia, justo en el momento en que lo dicen me paro!

las traiciones, las decepciones, los sueños, los nervios histéricos, el dolor, el dolor profundo, los ataques de ansiedad, los miedos, los espejos, los reflejos, el dolor, el dolor profundo, las miserias, la rabia, la ira, la muerte, los viajes, la soledad, los fantasmas, el dolor, el dolor profundo... mi vida con los picos de una obra de shakespeare...

si hubiera escrito este tiempo
habría herido
habría matado

ahora toca el fuego
la realidad del tiempo
yo sin él
yo sola
yo

probar la ayahuasca
para mi viaje iniciático

mañana será el último bolo y pienso en las coincidencias de los nombres
las interferencias entre la ficción y la realidad
(empleo mucho esta palabra últimamente...)
(tristeza, si tuviera que elegir...)
último bolo en ciudad real
(que relaciono no con la realeza sino con la realidad)
el último
fin de la ficción
y
ayer en mí todo se acababa
la guerra
la sangre
el amor estropeado

sé que hoy comienza la reconstrucción

pero todavía
estoy diseñando
el plan para mis ruinas

jueves, 3 de marzo de 2011

Vuk in movement: ELX, V.4/III/11 Nosomostanraros

viernes 4 de marzo
a las 21hs.
en el CAFÉ ARTERÍA
Forn Fondo, 1

una ración de Vuk